Pedro
Iglesias

Gráfica

  • Deseño gráfico
  • Realización e edición de vídeo
  • Creación de motion graphics

Sonora

  • Produción musical
  • Gravación e edición de audio
  • Mestura e mastering

Social

  • Xestión de redes sociais
  • Creación de contidos
  • Formación

Quen
son?

Ola! Chámome Pedro e son do Porriño. Estou especializado na comunicación gráfica, sonora e social.

Estudei o Ciclo Formativo Superior de Son (no CIFP Imaxe e Son da Coruña) e máis o Grao en Comunicación Audiovisual (na Universidade da Coruña).

Mentres vivía na cidade herculina, creei unha canle de YouTube e montei un grupo de rap con certa relevancia.

Agora traballo como freelance dende o meu home studio no Porriño. Se tes interese no que fago, podes atopar unha escolla dos meus proxectos aquí abaixo!

A miña cara (a través da cámara de Silvia Mella, de Coralia Fotografía)

Dende 2014

Creador en Peter Petrowski

O seudónimo baixo o que creo música e ofrezo servizos de produción, gravación, mestura e mastering. Nesta ligazón atoparás tódalas cancións nas que teño participado. Dende 2024 formo parte do elenco de autoras de Boa Música Europa.

Instagram / YouTube / Spotify

Dende 2015

Voz e beatmaker en Ezetaerre

Grupo de rap combativo en galego. Instrumentais, letras, voces, deseños, vídeos e mil cousas máis.

Sitio web / YouTube / Spotify

2019-2023

Community manager en Dakidarría

Xestión das redes sociais do grupo e creación de contidos para elas.

Instagram / Facebook / Twitter

2023-2024

Obradoiros en centros educativos

Realización de obradoiros de formación (sobre radio/podcast, experimentación musical e rap) polos centros educativos públicos galegos.
Varias das formacións estiveron incluídas no programa Radio na Biblio, promovido pola Asesoría de bibliotecas escolares.

10/2024

ALL-STARS

Para celebrar os dez anos que levo facendo música, xuntei a máis de vinte artistas e grupos e fixen un disco de colaboracións.
Encargueime de todo o proceso creativo, dende a produción dos temas á realización dos vídeos.

Ver en YouTube / Escoitar en Spotify

09/2024

A toleira

Cliente: Hugo Guezeta

Deseño da portada e creación do lyric video para A toleira, single de Hugo Guezeta.
Tamén fun o responsable da produción, gravación, mestura e mastering do tema (máis información aquí).

Ver en YouTube

09/2024

Historia e innovación para a agroecoloxía

Cliente: Histagra

Deseño de carteis e díptico para o simposio internacional Historia e innovación para a agroecoloxía 2024, seminario que pretende reflexionar sobre a transición agroecolóxica dende o coñecemento histórico.

06/2024

Delincuente

Cliente: Nuria Vil

Gravación de voz e posprodución da peza audiovisual Delincuente. O audio resultante pódese escoitar en Spotify.

03/2024

Premios Mestre Mateo 2024

Cliente: Fillas de Cassandra para a Academia Galega do Audiovisual

Coprodución, xunto a Sara e María do grupo Fillas de Cassandra, das cortinillas musicais que soaron durante a gala dos Premios Mestre Mateo no 2024. Encargueime tamén da mestura e do mastering de ditas pezas.

11/2023

Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

Cliente: Atelier Social para UNICEF Comité Galicia

Realización dunha reportaxe fotográfica e dun vídeo resumo no III Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente, organizado por UNICEF Comité Galicia e celebrado no Carballiño os días 18 e 19 de novembro do 2023.

Ver en YouTube

10/2023

VII Galeusca Historia

Cliente: Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Deseño de carteis e materiais promocionais para o VII Galeusca Historia, encontro historiográfico centrado na sociedade e política de Galeusca (Galiza, Euskadi e Cataluña).

06/2023

Radio Maré

Cliente: EOI de Vilagarcía

Acondicionamento acústico e mellora do equipamento da Radio Maré, a radio da biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa.

05/2023

Corto e Cambio

Cliente: Atelier Social para o Concello do Porriño

Técnico audiovisual no programa Corto e Cambio, de prevención do consumo de tabaco, alcol e outras drogas, realizado nos centros de ensino secundario do Porriño.
Encargueime de impartir charlas sobre linguaxe audiovisual e titoricei ao alumnado na realización de pequenas pezas audiovisuais que sensibilizaran sobre o consumo de drogas.

Ver en YouTube

04/2023

Moi Noso

Cliente: Xandre Millet

Deseño e maquetación do disco Moi noso, do artista ribeirense Xandre Millet.

02/2023

Polos creativos

Cliente: CFR Vigo

Formación sobre gravación e edición de audio para o profesorado de varios centros da área de Vigo.

02/2023

Día dos Medios en Galego

Cliente: Asociación de Medios en Galego

Deseño de carteis e banners promocionais para un concerto en celebración do Día dos Medios en Galego.

Ver en AMEGA

11/2022

O Reino no mapa

Cliente: Mazarelos

Deseño da identidade gráfica do proxecto O Reino no mapa, co que se pretende divulgar a historia do Reino Medieval de Galiza a través da elaboración de diversos mapas.
Ademais, neste proxecto encargueime da transformación de ditos mapas, refinando e adaptando a cartografía inicial.

09/2022

Aquí están as que ghritan

Cliente: Flow do Toxo

Creación dos visualizadores de audio para o primeiro disco de Flow do Toxo, Aquí están as que ghritan, adaptando o deseño da portada da ilustradora Laura Romero. Tamén fun o responsable da masterización e distribución do disco, así como da produción, gravación e mestura de varios dos temas que o conforman (máis información aquí).

Ver en YouTube

08/2022

IX Premios Martín Códax da Música

Cliente: Premios Martín Códax da Música

Membro do xurado profesional na novena edición dos Premios Martín Códax, galardóns da música galega promovidos pola asociación Músicas ao Vivo.

04/2022

Basajaun Games

Cliente: Basajaun Games

Deseño de identidade corporativa para Basajaun Games, un estudio de videoxogos con sede en Bilbo.

03/2022

Elas contan

Cliente: Atelier Social para o Concello de Maceda

Edición de textos e maquetaxe para a publicación Elas contan. Historias do pasado que seguen a latexar no presente, realizada co gallo do Día Internacional da Muller.

02/2022

Portas abertas

Cliente: CEIP Plurilingüe de Atios

Concepto, produción, gravación e montaxe dun vídeo para o CEIP de Atios, no Porriño.

Ver en YouTube

11/2021

Mulleres fundamentais

Cliente: Atelier Social para o Concello de Lobios

Fotografías, edición de textos e maquetaxe para a publicación Mulleres fundamentais. Historias de mulleres de Lobios durante a pandemia, realizada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

05/2021

A Festa do Peixe, 50 anos despois

Cliente: Concello de Bande

Concepto, produción, gravación e montaxe dun documental sobre a Festa do Peixe de Bande.
Neste proxecto contei coa colaboración de Miguel García e a voz de Cristina Maró.

Ver en YouTube

04/2021

Louriña TV Escolar

Cliente: Atelier Social para o Concello do Porriño

Posta en marcha dunha canle de TV escolar online a través de sesións de formación, gravación e montaxe dos episodios...

Ver en YouTube

03/2021

Somos líderes

Cliente: Atelier Social para o Concello do Pereiro de Aguiar

Concepto, produción, gravación e montaxe dun vídeo promocional co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Neste proxecto contei coa voz de Clàudia Cózar.

Ver en YouTube

01/2021

Persoa, pobo, paisaxe

Cliente: Daniel Pérez

Posprodución de son do documental Persoa, pobo, paisaxe, dirixido por Daniel Pérez Silva. Seleccionado no Festival de Cans (O Porriño) e o Play-Doc International Film Festival.

Ver tráiler en Vimeo

01/2021

A Cultura é un dereito

Cliente: Lunes Films para a Deputación Provincial da Coruña

Posprodución de son do spot da campaña A Cultura é un dereito.

Ver en YouTube

Pro-
xec-
tos

Créditos
musicais
Se queres solicitar un orzamento, obter máis información sobre o meu traballo ou sobre algún dos proxectos, non dubides en contactarme!