Gráfica
- Deseño gráfico
- Realización e edición de vídeo
- Creación de motion graphics
Ola! Chámome Pedro e son do Porriño. Estou especializado na comunicación gráfica, sonora e social.
Estudei o Ciclo Formativo Superior de Son (no CIFP Imaxe e Son da Coruña) e máis o Grao en Comunicación Audiovisual (na Universidade da Coruña).
Mentres vivía na cidade herculina, creei unha canle de YouTube e montei un grupo de rap con certa relevancia.
Agora traballo como freelance dende o meu home studio no Porriño. Se tes interese no que fago, podes atopar unha escolla dos meus proxectos aquí abaixo!
Dende 2019
Community manager en Dakidarría
Dende 2015
Voz e beatmaker en Ezetaerre
Grupo de rap combativo en galego. Instrumentais, letras, voces, deseños, vídeos e mil cousas máis.
Dende 2014
Creador en Peter Petrowski
O seudónimo baixo o que creo bases instrumentais e ofrezo servizos de mestura e mastering. Nesta ligazón atoparás tódalas cancións nas que teño participado.
04/2022
Basajaun Games
Cliente: Basajaun Games
Deseño de identidade corporativa para Basajaun Games, un estudio de videoxogos con sede en Bilbo.
04/2022
Obradoiro de ambientación musical e sonora
Cliente: Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Sesións de formación teórica e práctica sobre ambientación musical e sonora para radio e podcast.
As sesións foron impartidas ao alumnado de varios centros inscritos no programa Radio na Biblio.
03/2022
Obradoiro de creación musical
Cliente: CEE Manuel López Navalón
Impartición dun obradoiro sobre a produción de música contemporánea para o alumnado do CEE Manuel López Navalón, un centro de educación especial situado en Santiago de Compostela.
03/2022
Elas contan
Cliente: Atelier Social para o Concello de Maceda
Edición de textos e maquetaxe para a publicación Elas contan. Historias do pasado que seguen a latexar no presente, realizada co gallo do Día Internacional da Muller.
02/2022
Portas abertas
Cliente: CEIP Plurilingüe de Atios
Concepto, produción, gravación e montaxe dun vídeo para o CEIP de Atios, no Porriño.
12/2021
Creación de vídeos educativos
Cliente: Escola Oficial de Idiomas da Coruña
Formación sobre a creación de vídeos educativos para o profesorado da EOI da Coruña: conceptualización, guionización, gravación e montaxe.
11/2021
Mulleres fundamentais
Cliente: Atelier Social para o Concello de Lobios
Fotografías, edición de textos e maquetaxe para a publicación Mulleres fundamentais. Historias de mulleres de Lobios durante a pandemia, realizada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
05/2021
A Festa do Peixe, 50 anos despois
Cliente: Concello de Bande
Concepto, produción, gravación e montaxe dun documental sobre a Festa do Peixe de Bande.
Neste proxecto contei coa colaboración de Miguel García e a voz de Cristina Maró.
04/2021
Louriña TV Escolar
Cliente: Atelier Social para o Concello do Porriño
Posta en marcha dunha canle de TV escolar online a través de sesións de formación, gravación e montaxe dos episodios...
03/2021
Somos líderes
Cliente: Atelier Social para o Concello do Pereiro de Aguiar
Concepto, produción, gravación e montaxe dun vídeo promocional co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Neste proxecto contei coa voz de Clàudia Cózar.
01/2021
Persoa, pobo, paisaxe
Cliente: Daniel Pérez
Posprodución de son do documental Persoa, pobo, paisaxe, dirixido por Daniel Pérez Silva. Seleccionado no Festival de Cans (O Porriño) e o Play-Doc International Film Festival.
01/2021
A Cultura é un dereito
Cliente: Lunes Films para a Deputación Provincial da Coruña
Posprodución de son do spot da campaña A Cultura é un dereito.
11/2020
#EuTaménDouACara
Cliente: Atelier Social para o Concello de Maside
Concepto, produción, gravación e montaxe dun vídeo promocional co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
10/2020
We, the People
Cliente: Merchandroll
Concepto e deseño dunha ilustración para a marca de roupa Irmo Streetwear.
07/2020
A infancia do Porriño sobre a COVID-19
Cliente: Atelier Social para o Concello do Porriño
Concepto, produción, gravación e montaxe dunha serie de entrevistas á rapazada do Consello Municipal da Infancia do Concello do Porriño.